01/11/2026
🏃♀️🍷 Lagares W**e Run: deporte, viño e patrimonio.
O 6 de decembro, a Ruta do Viño de Monterrei impulsa esta experiencia que une deporte, viño, gastronomía e patrimonio nun percorrido non competitivo polos lagares rupestres. Unha proposta para desfrutar correndo ou camiñando e descubrir a historia e a paisaxe vitivinícola do territorio.
🍇 Ao longo da ruta haberá catas de viños da D.O. Monterrei, música tradicional e propostas gastronómicas a cargo de José Luis Prieto, chef de O Segredo do Retiro, restaurante incluído na Guía Michelin.
📝 Inscricións en brasinda.com.
**eRun