08/10/2026
Agora si que nos metemos de cheo no 25 aniversario de Baldani Concept Store, que se celebra este sábado, día 10 de outubro. 🎉
Dende Ginlab queremos felicitar a Daniel e a toda a familia Baldani por estes 25 anos, e non se nos ocorre mellor maneira de celebralo que cunha colaboración moi especial a tres bandas:
🤝 Baldani Concept Store
🍔 Ginlab Boiro
🥖 Panadería La Espiga
O resultado é a nosa Balbi Burguer 2.5, creada para celebrar estes 25 anos de Baldani e que leva tamén un anaquiño de cada casa.
Porque cando tres proxectos da nosa terra se xuntan para celebrar algo así, o resultado só podía ser unha boa festa... e unha mellor hamburguesa. ❤️
25 anos de Baldani. Brindamos por moitos máis! 🥂