20/11/2026
A xerente do GALP Ría de Arousa, Rosa Carballo, participou esta semana na xornada de clausura do proxecto PESCA SAÚDE, unha iniciativa financiada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) a través da Consellería do Mar, na que participan sete GALP galegos.
O acto tivo lugar en Santiago onde presentáronse os resultados dun ano de actividades de promoción dos produtos pesqueiros e dos hábitos saudables. A Conselleira do Mar, Marta Villaverde, abriu o evento resaltando o aumento do consumo de peixe e marisco. A continuación, interviñeron o presidente do GALP Costa Sostible, Mariano Lago, e a coordinadora do proxecto, Manuela Oviedo.
Ao longo da xornada destacouse a importancia do consumo de produtos do mar na nosa dieta diaria e como este proxecto contribuíu a impulsar o seu consumo a través de actividades, xornadas técnicas con especialistas, obradoiros, sorteos...
Tamén presentáronse dúas publicacións: a Guía de propiedades nutricionais e o Receitario Pesca Saúde. Ambas publicacións pódense consultar na páxina web pescasaude.gal