09/03/2024
🏆CHEGOU O DÍA🏆
🎶 Primer concerto no Fogar da Salgueira, estreamos o escenario que fabricamos con madeiras cedidas polo grupo de teatro Spasmo, madeiras que pedían que algo de arte as volvese pisar. E que mellor forma de estrealo que cunha persoa que formou parte de Spasmo 🎭
🏆🏆 Miriam Pérez e Noemi Blanco son Dos de Copas, un dúo que nace en Turquía en 2015 durante os seus Erasmus. Despois de tocar por diferentes países, afíncanse en Madrid e Vigo, respectivamente. Hoxe gozaredes de versións cheas de bo rollo, frescura e complicidade, e algún dos seus orixinais temas propios.
🫂Eu sei da existencia de Noemi dende fai... Non sei, 30 anos? Pero non foi ata o instituto que unha estufa e Harry Potter nos xuntou como é debido. É desas persoas que lle pon tanto entusiasmo a todo o que fai que contaxia a quen temos a sorte de tela cerca. Por iso sinto que coñezo a Miriam de toda a vida, sen tela visto en persona nunca.🥰
🗓️Hoxe sábado 09 de Marzo a partir das 20:00.
🥪Haberá bocatas e algunhas tapas para comer. Fixádevos nas cartas que teremos pegadas polo bar.
⚠️Avisos para a xentiña que visite o Fogar por primeira vez: levamos só 3 meses en funcionamento e este é o primer concerto, e tamén a primeira vez que poremos en marcha a cociña co bar cheo. So vos podo dicir que fixemos todo con moito, moitísimo cariño e intentando coidar ata o último detalle.
🌧️Como sabedes, hoxe choverá todo o día e seguimos sen toldo na terraza😥😭. (Deste mes non pasa!)
🚗A Asociación de Veciños ten parking, pero ollo, non contedes con moito sitio libre se vindes a última hora! Se aparcades fora do parking, tede moi en conta as liñas amarelas do barrio. Se pisades algunha, os Vitraseiros non tardarán nin 5 minutos en chamar á grua🚒
⚠️Aviso para os clientes habituais do Fogar: esta segue sendo a vosa casa, pero hoxe notaredes algúns cambios no mobiliario e no servicio, cambios necesarios para levar a cabo este concerto. Nos somos as mesmas de sempre, simplemente estaremos máis atarefadas.
😘Graciñas por ler. Xa sabedes que facer hoxe.
Mariña