16/06/2026
📸 Detrás de cada servizo hai un gran equipo.
Hoxe queremos poñer o foco en quen fai posible que cada evento saia adiante: o noso persoal.
Esta imaxe representa moito máis ca un equipo numeroso. Representa compañeirismo, formación, sacrificio e unha forma de traballar baseada na seriedade, na profesionalidade e respecto por quen confía en nós.
Grazas a todas e cada unha das persoas que aparecen nesta fotografía e tamén a aquelas que, por calquera motivo, non están nela. O voso traballo diario é o verdadeiro motor de Casa Taboada.
E, como non, grazas tamén a todos e cada un dos nosos clientes, tanto privados como públicos, pola confianza depositada en nós. Grazas por permitirnos seguir medrando ao voso carón e por darnos a oportunidade de achegar o noso gran de area para que os vosos eventos continúen mellorando e medrando ano tras ano.
Porque o éxito dun evento non se improvisa, constrúese con persoas comprometidas.