A Nave de Vidán

A Nave de Vidán Café bar- restaurante-espazo cultural FanPage dA Nave de Vidán, un proxecto gastronómico e cultural para Santiago e comarca.
(310)

Todos os días informamos das suxestións, cociña de mercado e de temporada, e do menú do día [13€] + 1 € no Espazo exterior. Tamén informamos dos eventos e acontecimentos que teñen lugar no noso ESPAZO CULTURAL.

18/08/2026
A Nave toma un descansiño para recuperar forzas e voltar con máis enerxía que nunca na segunda quincena de agosto.A próx...
09/08/2026

A Nave toma un descansiño para recuperar forzas e voltar con máis enerxía que nunca na segunda quincena de agosto.
A próxima semana (do 10 ao 16 de agosto) estaremos pechados por descanso.

Vémonos nuns días!





Un Ribeiro que fala con claridade da súa orixe. 🍷Na nosa carta, Coto de Gomariz, un branco seco da D.O. Ribeiro elaborad...
05/08/2026

Un Ribeiro que fala con claridade da súa orixe. 🍷

Na nosa carta, Coto de Gomariz, un branco seco da D.O. Ribeiro elaborado coas variedades máis adaptadas ao territorio: Treixadura, Godello, Albariño e Loureira.

Procedente das viñas da parroquia de Gomariz, sobre solos de arxila, xisto e area granítica, é un viño que expresa con personalidade o seu lugar de procedencia. Aromático e balsámico no nariz, mostra en boca unha textura carnosa, frescura e un final longo.

Un branco versátil e gastronómico, perfecto para acompañar peixes, mariscos, arroces ou para brindar sen máis nunha boa sobremesa.





En Santiago, o mes de xullo non só sabe a festa, sabe a tradición. Na A Nave de Vidán rendemos homenaxe a un dos pratos ...
28/07/2026

En Santiago, o mes de xullo non só sabe a festa, sabe a tradición. Na A Nave de Vidán rendemos homenaxe a un dos pratos máis emblemáticos da nosa gastronomía, o compañeiro inseparable de calquera celebración na nosa terra.

Preparado con respecto á tradición, co seu punto xusto de cocción, sal groso, pementón e o mellor aceite de oliva virxe extra. Porque as festas en Compostela non se len, cómense!

Vinte a celebrar o Apóstolo co sabor de sempre na nosa terraza.





Parabéns a todas as galegas e galegos. Un ano máis, orgullosos do noso :)
25/07/2026

Parabéns a todas as galegas e galegos. Un ano máis, orgullosos do noso :)





Compostela entra na súa semana grande!Todas as picheleiras e picheleiros tedes unha cita ineludible coa música, a cultur...
21/07/2026

Compostela entra na súa semana grande!
Todas as picheleiras e picheleiros tedes unha cita ineludible coa música, a cultura, os festexos e - como non - coa mellor gastronomía :-)

Ademáis, este sábado, festivo polo día nacional de Galiza, a Nave de Vidán estará aberta de 09:00 a 17:00 e agardando por todos vós.





Do mar á mesa, co respecto que merece cada produto e cada persoa que o fai posible. Na Nave de Vidán somos devotos absol...
17/07/2026

Do mar á mesa, co respecto que merece cada produto e cada persoa que o fai posible.

Na Nave de Vidán somos devotos absolutos do bo peixe e do bo marisco. Valoramos o sabor do mar, pero tamén o traballo de quen sae a el cada día: mariñeiros e mariñeiras, confrarías, lonxas e todas as mans que fan posible que chegue á nosa cociña produto fresco e de calidade.

Porque detrás de cada prato hai oficio, esforzo, tradición e unha maneira de entender Galiza 💙





Pouco se fala da sobremesa máis salvavidas do verán!En Galicia sabemos moito de calidade, e por iso apostamos polos xead...
14/07/2026

Pouco se fala da sobremesa máis salvavidas do verán!

En Galicia sabemos moito de calidade, e por iso apostamos polos xeados de granxa máis auténticos. O broche de ouro perfecto para a túa visita á Nave de Vidán son dúas bólas de felicidade fresca.

Pistacho e laranxa? Chocolate e licor café? Ti elixes como darlle o toque final ao teu xantar na nosa terraza.





A esencia do Ribeiro nunha copa. 🍷Na Nave de Vidán contamos na nosa carta co Alberte Blanco, un viño da D.O. Ribeiro ela...
10/07/2026

A esencia do Ribeiro nunha copa. 🍷

Na Nave de Vidán contamos na nosa carta co Alberte Blanco, un viño da D.O. Ribeiro elaborado por Bodegas Nairoa, que expresa a tradición e a personalidade dunha das denominacións de orixe máis históricas de Galicia.

Elaborado cun coupage de Treixadura (85 %), Albariño (10 %) e Lado (5 %), destaca pola súa frescura, elegancia e equilibrio. A fermentación en depósitos de aceiro inoxidable a temperatura controlada permite conservar toda a expresión aromática das variedades, dando lugar a un branco versátil e moi gastronómico.

O compañeiro perfecto para mariscos, peixes, arroces, queixos suaves ou un bo aperitivo na nosa terraza.





Dirección

Avenida Mestra Victoria Míguez, Nº 44
Santiago De Compostela
15706

Horario de Apertura

Lunes 07:00 - 17:00
19:30 - 23:30
Martes 07:00 - 17:00
19:30 - 23:30
Miércoles 07:00 - 17:00
19:30 - 23:30
Jueves 07:00 - 17:00
19:30 - 23:30
Viernes 07:00 - 17:00
19:30 - 00:00

Teléfono

+34981522110

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando A Nave de Vidán publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a A Nave de Vidán:

Compartir

Categoría