25/02/2026
A mellor maneira de rematar o Entroido é, sen dúbida, coa nosa xente 🥳🎭
O sábado pasado xuntámonos no bar cos veciños para poñer o broche final ao Carnaval, e non puido haber mellor maneira de facelo: un pouco de música, risas, bo ambiente e moitas ganas de pasalo ben.
Grazas a todos os que vos achegastes para compartir este momento. Así dá gusto celebrar! 💛
Seguimos creando recordos xuntos no noso bar 🍻✨