Casa Achacán

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Casa Achacán O capón, o cocido ou a carne de caza son parte da nosa identidade. Eventos e menús por encargo. Co Estamos ao pé da estrada PO-212, no 36538 de Rodeiro.

Ao deixar o casco urbano, atoparasnos á túa esquerda. Un paseo vexetal configura a entrada a Casa Achacán, unha casa na que o recendo é a Galicia e ao eido rural. Unha casa galega de sempre convertida agora nun restaurante tradicional.

Ven probar o noso Outono de cabaza 😛
12/11/2026

Ven probar o noso Outono de cabaza 😛

🍂🎃 OUTONO DE CABAZA 🤎

O outono chega á mesa de Casa Achacán cunha combinación de sabores que namora! 🍁

Cabaza, xabaril e castaña únense nunha tapa chea de personalidade, onde os sabores da terra, os aromas da tempada e o contraste de texturas crean un bocado irresistible. Unha proposta saborosa, reconfortante e con todo o encanto do outono galego. 🤤✨

Se che gustan os sabores auténticos e os produtos da nosa terra, esta tapa está feita para ti!

📍 Ven a descubrir Outono de cabaza en Casa Achacán, no Rodeiro de Tapas – Sabor de Outono 2026.

🕗 HORARIOS:
▪️ Venres: de 20:00 a 23:00 h
▪️ Sábado: de 13:00 a 15:00 h e de 20:00 a 23:00 h
▪️ Domingo: de 13:00 a 15:00 h

🍁 Tres ingredientes, un só propósito: conquistar o teu padal!

Mañá comezamos! 🌰🌰
12/11/2026

Mañá comezamos! 🌰🌰

🍂🍁 RODEIRO PREPÁRASE PARA DEGUSTAR O OUTONO!

O outono chega a Rodeiro cunha das citas gastronómicas máis agardadas: unha nova edición do RODEIRO DE TAPAS – SABOR DE OUTONO 2026, unha iniciativa impulsada polo Concello de Rodeiro para promocionar a gastronomía, dinamizar a hostalaría local e poñer en valor a calidade e a variedade das propostas dos establecementos do noso municipio.

📅 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de novembro

Durante seis xornadas, veciños, veciñas e visitantes terán a oportunidade de percorrer Rodeiro a través dos seus sabores, descubrir diferentes propostas culinarias e desfrutar dunha experiencia gastronómica pensada para compartir, descubrir e, sobre todo, saborear.

Esta iniciativa é tamén unha oportunidade para apoiar o comercio e a hostalaría local, recoñecer o traballo dos profesionais do sector e contribuír á dinamización da vida social e económica do noso concello.

Desde o Concello de Rodeiro queremos animar a toda a veciñanza e ás persoas que nos visiten a participar nesta nova edición, saír á rúa, achegarse aos establecementos participantes e g***r dunha proposta que combina gastronomía, convivencia e promoción do noso territorio.

❤️ Porque apoiar o local tamén é unha maneira de facer concello.

🍁 Este novembro, temos unha cita co sabor. Temos unha cita en Rodeiro!

Esta fin de semana e a seguinte saben a outono!
09/11/2026

Esta fin de semana e a seguinte saben a outono!

El Concello de Rodeiro organiza este evento de promoción turística los días 13, 14, 15, 20, 21 y 22 de noviembre para fomentar la actividad económica y promocionar los productos de temporada en la hostelería local

O primeiro de moitos! Que aproveite!
08/11/2026

O primeiro de moitos! Que aproveite!

Petisquiños para saborear!
07/11/2026

Petisquiños para saborear!

🍄🍂  Se as setas son a túa debilidade, esta degustación é para ti 😋
06/11/2026

🍄🍂 Se as setas son a túa debilidade, esta degustación é para ti 😋

Este domingo, abrimos tempada! 🙌Non esquezas reservar no 📲635 85 77 26
05/11/2026

Este domingo, abrimos tempada! 🙌

Non esquezas reservar no
📲635 85 77 26

05/11/2026

🍄 XORNADA MICOLÓXICA EN RODEIRO

O vindeiro sábado, 7 de novembro, o Concello de Rodeiro organiza unha xornada dedicada ao mundo dos cogomelos, con charla formativa, saída ao monte para a recollida e identificación de especies e degustación en Casa Achacán.

👨‍🏫 Actividade dirixida por Alex Mínguez, membro do Grupo Micolóxico Galego.

💶 Prezos: 15 € (maiores de 15 anos), 5 € (de 8 a 15 anos) e de balde (menores de 8 anos).

📞 Inscricións: 986 790 301
📧 [email protected]

Agardámosvos para compartir unha xornada de aprendizaxe e contacto coa natureza! 🌿

Para que escoller se pode un saborealo todo? 😋
01/11/2026

Para que escoller se pode un saborealo todo? 😋

Dirección

Rodeiro
36538

Horario de apertura

Viernes 10:00 - 01:00
Sábado 10:00 - 01:00
Domingo 10:00 - 01:00

Teléfono

+34635857726

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Casa Achacán publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Casa Achacán:

Atajos

Compartir

Categoría

Restaurantes cercanos