04/07/2024
🌊🛥️🦪 A 𝟐ª 𝐅𝐞𝐢𝐫𝐚 𝐍𝐚́𝐮𝐭𝐢𝐜𝐚 𝐝𝐨 𝐅𝐫𝐞𝐢𝐱𝐨 reuniu a pasada fin de semana a unha ampla e variada relación de empresas do sector náutico.
Dende estaleiros con longa tradición na construción e reparación de embarcacións de madeira e ferro, ata modernas empresas que ofertan servizos de compra, venda, alugueiro e mantemento de embarcacións. Tamén contamos con expertos en motores industriais e mariños, maquinaria pesada e na venda de equipos máis avanzados para a pesca profesional e deportiva.
Ademais, a Feira Náutica do Freixo reuniu a empresas dedicadas ao turismo náutico que proporcionan experiencias únicas no mar para os entusiastas deste medio, así como a especialistas na fabricación de embarcacións de fibra e madeira.
Innovación técnica, compromiso co medio ambiente, experiencia, coñecementos e dedicación constante na mellora e adaptación ás necesidades do mercado son o selo destes profesionais:
🔸Astilleros Abeijón Hermanos
🔹ACR servicios náuticos
🔸Alvarez Riveira
🔹Astilleros Lago Abeijón
🔸Deseños e Construcións do Atlántico
🔹Andrademar Pesca E Nautica
🔸R Nautica Galicia
🔹Talleres Villade
Agradecemos profundamente a súa participación e contribución no desenvolvemento deste evento. Ata a próxima!
Encantaríanos saber que vos pareceu o evento, comparte as túas experiencias nos comentarios! 👇✨
🌊🛥️🦪 📍
Concello de Outes GALP Costa Sostible