GALP Costa Sostible

Llamar Cómo llegar Página web

GALP Costa Sostible GALP Costa Sostible, é o responsable no seu territorio da xestión das axudas do Fondos Europeos FEMPA

🌊 O luns 16 de novembro visitamos o Espazo Colaborativo de Traballo “Transformando en Brión”, en Monte Balado, unha ferr...
18/11/2026

🌊 O luns 16 de novembro visitamos o Espazo Colaborativo de Traballo “Transformando en Brión”, en Monte Balado, unha ferramenta para facilitar que as persoas emprendan coa transformación de produtos alimentarios. Presentáronnolo Carme Freire e Dora Vieiro, do proxecto colaborativo Daquí Darredor, que emprega estas instalacións para desenvolver a súa iniciativa.

💡 A visita enmárcase no proxecto Feito co Mar, dos Grupos de Acción Local do sector Pesqueiro, creado para impulsar o emprendemento a través da transformación de produtos do mar, e que está a poñer en marcha os seus Viveiros Formativos de Emprendemento. Estes viveiros contarán en 2027 con dous programas, un de iniciación e outro de profesionalización, ambos os dous gratuítos e abertos ao público.

⚓️ Na actividade participou a xerente do Galp Costa Sostible, Manuela Oviedo, xunto con representantes dos concellos de Boiro, Brión, Bueu, Cariño, Cedeira, Cervo, Paderne, A Laracha, Malpica, Poio, Porto do Son, Sada e Vimianzo, sí como representantes das Confrarías de Aguiño, Cariño, Corcubión, Ribadeo e Sada, e traballadores do sector pesqueiro (redeiras, mariscadoras, pescadores, persoal de peixerías…)

⚠️ ⚠️ ⚠️ AVISO!!! O encontro informativo de Feito co Mar en Muros do martes de 10 novembro cambia de ubicación: Celebrar...
09/11/2026

⚠️ ⚠️ ⚠️ AVISO!!! O encontro informativo de Feito co Mar en Muros do martes de 10 novembro cambia de ubicación: Celebrarase na Aula de Formación da Lonxa de Muros.�

🌊 Gustaríache emprender no sector da transformación do produto pesqueiro? Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos outros?

⚓️ O GALP Costa Sostible convídate a participar nos encontros informativos de Feito co Mar, un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro. 💡 Estamos a traballar na posta en marcha de Viveiros Formativos que contarán con dous programas en 2027, un de iniciación e outro de profesionalización.

Nestes encontros informativos poderás:
📌 Coñecer a programación detallada e datas dos Viveiros Formativos.
📌 Saber en que consisten os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos de emprendemento, con exemplos prácticos.
📌 Aclarar dúbidas, compartir ideas e reservar a súa praza nos Viveiros.�

📍 Onde: Muros. Aula de Formación da Lonxa de Muros�
📅 Cando: Martes 10 de novembro ás 19:30

📍 Onde: Noia. Sede do GALP Costa Sostible�(Edificio Municipal de Servizos Administrativos (Rúa Espíritu Santo, 4)�
📅 Cando: Xoves 12 de novembro ás 19:30

ℹ️ Máis información e contacto: i.gal/feitocomar �
Correo: [email protected] �
Teléfono: 627 570 950

🌊 Gustaríache emprender no sector da transformación do produto pesqueiro? Queres aprender a elaborar produtos de peixes ...
04/11/2026

🌊 Gustaríache emprender no sector da transformación do produto pesqueiro? Queres aprender a elaborar produtos de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, patés, desecados e moitos outros?

⚓️ O GALP Costa Sostible convídate a participar nos encontros informativos de Feito co Mar, un proxecto para fomentar o emprendemento a través da transformación do produto pesqueiro. 💡 Estamos a traballar na posta en marcha de Viveiros Formativos que contarán con dous programas en 2027, un de iniciación e outro de profesionalización.

Nestes encontros informativos poderás:
📌 Coñecer a programación detallada e datas dos Viveiros Formativos.
📌 Saber en que consisten os Espazos de Traballo Colaborativo como modelos de emprendemento, con exemplos prácticos.
📌 Aclarar dúbidas, compartir ideas e reservar a súa praza nos Viveiros.�

📍 Onde: Muros. Antiga Fábrica de Sel (Av. Bos Aires, s/n)�
📅 Cando: Martes 10 de novembro ás 19:30

📍 Onde: Noia. Sede do GALP Costa Sostible� (Edificio Municipal de Servizos Administrativos (Rúa Espíritu Santo, 4)
�📅 Cando: Xoves 12 de novembro ás 19:30

ℹ️ Máis información e contacto: i.gal/feitocomar �
Correo: [email protected] �
Teléfono: 627 570 950

Na tarde de onte, a antiga fábrica SEL de Muros acolleu a nosa segunda xornada dá AVALIACIÓN INTERMEDIA. Neste caso foro...
31/10/2026

Na tarde de onte, a antiga fábrica SEL de Muros acolleu a nosa segunda xornada dá AVALIACIÓN INTERMEDIA.

Neste caso foron convocados os membros correspondentes ás mesas de entidades sociais e do sector turístico.

Nuestra EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo) recibe un unánime respaldo, pero sempre se apuntan interesantes suxerencias que poden mellorar algúns aspectos.

Moitas grazas a todas as entidades participantes por realizar o esforzo de desprazarse e dedicarnos unhas horas do seu tempo.

RECORDATORIO. Hoxe, segunda xornada da AVALIACIÓN INTERMEDIA desde ás 17.30h na antiga fábrica SEL (Muros).
30/10/2026

RECORDATORIO.
Hoxe, segunda xornada da AVALIACIÓN INTERMEDIA desde ás 17.30h na antiga fábrica SEL (Muros).

Iniciamos o proceso de AVALIACIÓN INTERMEDIA da nosa EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo). O obxectivo é claro: analizar o que logramos xuntos ata o de agora, e sobre todo redefinir e priorizar as necesidades e proxectos que impulsarán a nosa zona costeira nos vindeiros anos.

O programa de axudas xa está no seu ecuador. É o momento perfecto para facer unha parada, ver todo o que conseguimos xuntos e, o máis importante, tratar de reorientar a nosa ruta.

Para logralo, convidamos aos nosos socios a ser parte activa neste proceso de avaliación. A súa voz é imprescindible. Queremos saber que funcionou ben, que podemos mellorar e que proxectos prioritarios necesita o noso territorio.

Por iso, organizamos unhas mesas sectoriais os días 28 e 30 de outubro (Antiga Fábrica SEL de Muros) nas que definir os criterios e prioridades das vindeiras convocatorias de axudas do GALP.

Comezamos a avaliación intermedia da nosa EDLP🐟 Onte, 28 de outubro, puxemos en marcha o proceso de Avaliación Intermedi...
29/10/2026

Comezamos a avaliación intermedia da nosa EDLP🐟

Onte, 28 de outubro, puxemos en marcha o proceso de Avaliación Intermedia da Estratexia de Desenvolvemos Local Participativo (EDLP) do GALP Costa Sostible. Unha oportunidade para facer balance do camiño percorrido, identificar aspectos a mellorar e, sobre todo, redefinir e priorizar as necesidades e os proxectos que impulsarán o noso territorio costeiro nos vindeiros anos.

A xornada celebrouse na Antiga Fábrica de Sel, en Muros, onde leváronse a cabo tres mesas sectoriais para compartir reflexións, experiencias e propostas de futuro.

🐠 Mesa do sector pesqueiro: contamos coa participación de representantes de Mulleres do Sector Pesqueiro SEO Fisterra, Ría de Muros Noia e das confrarías de Pindo, Muros, Lira, Porto do Son e Fisterra.

🏛️ Mesa do sector público: participaron alcaldes, concelleiros e persoal técnico dos concellos de Carnota, Cee, Corcubión, Muros, Fisterra e Porto do Son.

💡 Mesa de promotores: escoitamos tamén as opinións e propostas dos promotores cuxos proxectos están apoiados polas axudas do noso GALP Costa Sostible.

As mesas estiveron moderadas por Manuela Oviedo, xerente do GALP Costa Sostible, nelas falouse sobre o que funciona ben, o que se pode mellorar e que proxectos prioritarios necesita o noso territorio.

🗓️ A xornada continua mañá, 30 de outubro, ás 17:30h, na Antiga Fábrica de Sel, en Muros, cunha nova xornada de avaliación intermedia.

⚓️ Onte presentouse o novo proxecto de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) ‘FEITO CO MAR’,...
29/10/2026

⚓️ Onte presentouse o novo proxecto de cooperación dos Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP) ‘FEITO CO MAR’, na Antiga Fábrica de Sel, en Muros. No acto dirixido pola xerente do GALP Costa Sostible estiveron presentes representantes de: Mulleres do sector pesqueiro SEO Fisterra, Ría de Muros Noia, Confrarías de O Pindo, Muros, Corcubión, Lira, Porto do Son e Fisterra.

🫙🐠 FEITO CO MAR é unha iniciativa que ten como obxetivo promover elaboraciones fundamentalmente artesanais de peixes e mariscos como conservas, salgados, afumados, adubados, desecados, patés e pratos elaborados a través de Viveiros Formativos de Emprendemento orientados á formación práctica, á experimentación e ao acompañamento para a creación de Espazos de Traballo Colaborativo.

🗣️ O programa formativo está estruturado en dous niveis: iniciación e profesionalizado, e unha parte final de titorización de apoio e asesoramento.

Programa para a iniciación:
🕒 20h
📖 2 módulos
🗓️ Marzo 2027

Programa para a profesionalización:
🕒 60h
📖 4 módulos
🗓️ Marzo e abril 2027

ℹ️ Máis información e contacto:
📧Correo: [email protected]
📞Teléfono: 627 570 950

O presidente do GALP Costa Sostible, José Mariano Lago Louro, e a xerente, Manuela Oviedo, acompañados doutros represent...
28/10/2026

O presidente do GALP Costa Sostible, José Mariano Lago Louro, e a xerente, Manuela Oviedo, acompañados doutros representantes da xunta directiva do GALP Costa Sostible, asistiron onte a xornada de clausura do Proxecto RELEVO XERACIONAL: O Futuro do Mar na Cidade de Cultura, en Santiago de Compostela. Un proxecto de cooperación dos oito GALP de Galicia, coordinado polo GALP Ría de Arousa, e desenvolvido en colaboración co GALP vasco Itsas Garapen Elkartea, que conta co financiamento da Consellería do Mar, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA).

Ao acto asistiu a Conselleira do Mar, Marta Villaverde Acuña, e máis de 80 personas entre representantes institucionais, profesionais do sector marítimo-pesqueiro, centros de formación e entidades colaboradoras.

Este proxecto chegou a 998 alumnos e alumnas de 25 centros educativos e promoveo eperiencias de contacto directo coa actividade marítmo-pesqueira para achegar as súas oportunidades profesioanais á mocidade.

As actividades desta iniciativa serviron para achegar o mar ás novas xeracións e dar a coñecer as oportunidades profesionais que este ofrece, tanto na pesca como na acuicultura.

O acto rematou cunha degustación de produtos do mar co obxectivo de mostrar e poñer en valor a actividade marítimo-pesqueira.

RECORDATORIO:
27/10/2026

RECORDATORIO:

Iniciamos o proceso de AVALIACIÓN INTERMEDIA da nosa EDLP (Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo). O obxectivo é claro: analizar o que logramos xuntos ata o de agora, e sobre todo redefinir e priorizar as necesidades e proxectos que impulsarán a nosa zona costeira nos vindeiros anos.

O programa de axudas xa está no seu ecuador. É o momento perfecto para facer unha parada, ver todo o que conseguimos xuntos e, o máis importante, tratar de reorientar a nosa ruta.

Para logralo, convidamos aos nosos socios a ser parte activa neste proceso de avaliación. A súa voz é imprescindible. Queremos saber que funcionou ben, que podemos mellorar e que proxectos prioritarios necesita o noso territorio.

Por iso, organizamos unhas mesas sectoriais os días 28 e 30 de outubro (Antiga Fábrica SEL de Muros) nas que definir os criterios e prioridades das vindeiras convocatorias de axudas do GALP.

🐟🥗 O GALP Costa Sostible rematou os seus Obradoiros de ‘Batchcooking’ de Pesca Saúde con cociñeiros e nutricionistas. A ...
27/10/2026

🐟🥗 O GALP Costa Sostible rematou os seus Obradoiros de ‘Batchcooking’ de Pesca Saúde con cociñeiros e nutricionistas. A última última sesión, na praza de Abastos de Muros, contou coa participación de Pepe Senande, do restaurante A Muradana.

🍲 As persoas asistentes aprenderon receitas e técnicas sinxelas para cociñar produtos do mar sen perder sabor nin propiedades, claves para saber que especies se conservan mellor na neveira ou no conxelador, e trucos para optimizar o tempo na cociña e reducir o desperdicio alimentario.

Dirección

Espíritu Santo, 4 Noia
Noya
15200

Horario de apertura

Lunes 08:30 - 15:00
Martes 08:30 - 15:00
Miércoles 08:30 - 15:00
Jueves 08:30 - 15:00
Viernes 08:30 - 15:00

Teléfono

981822754

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando GALP Costa Sostible publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Restaurantes cercanos