01/06/2026
✨ Un recoñecemento que nos honra profundamente ✨
Temos o pracer de comunicar que o noso restaurante foi distinguido co Prato de Oro de Radio Turismo Madrid 🏆
Este prestixioso galardón supón un importante recoñecemento á nosa dedicación, ao traballo constante de todo o noso equipo e ao compromiso diario cunha gastronomía baseada na calidade, a excelencia e o respecto pola nosa esencia.
Queremos expresar o noso máis sincero agradecemento a todas as persoas que forman parte deste camiño: clientes, colaboradores e amigos que, coa súa confianza e apoio, fan posible que sigamos crecendo cada día.
O próximo mes de xuño teremos a honra de desprazarnos a Madrid para asistir ao acto de entrega deste recoñecemento tan especial.
Polo cal, os días 22,23 e 24 de xuño permaneceremos pechamos por este gran acontecemento. Por vós, e por nós, moitísimas grazas. Sen vostedes o Restaurante Galego Enxebre non sería posíbel!🫶🏽🍾
Grazas por acompañarnos sempre.
Premio Grazas