Emprego e Desenvolvemento Local Xove

Emprego e Desenvolvemento Local Xove Departamento de Emprego e Desenvolvemento Local do Concello de Xove

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo organiza un encontro de networking para mulleres emprendedoras n...
17/06/2026

O Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo organiza un encontro de networking para mulleres emprendedoras na Casa do Cabo, en Morás-Xove. A xornada busca impulsar o intercambio de experiencias e colaboracións entre proxectos emprendedores do territorio liderados por mulleres.

🗓️ Luns, 22 de xuño I 16:30 h - 18:00 h

📍 Casa rural Casa do Cabo. Lugar O Carballo 6, Morás. Xove, Lugo



Encontro de networking para mulleres emprendedoras: un espazo pensado para ti, que estás creando, impulsando ou soñando un proxecto propio na contorna do Polo de emprendemento e apoio ao emprego de Mondoñedo.



Será moito máis ca unha xornada: será unha oportunidade para coñecernos, compartir experiencias reais do camiño emprendedor e xerar alianzas que poden abrir novas portas.



A cita será na Casa do Cabo, en Morás-Xove, un lugar especial onde o mar e a terra se atopan ao carón do Cabo Morás e dos impresionantes Acantilados de Papel. Un escenario privilexiado para parar, inspirarse e mirar ao futuro con novas perspectivas.



Durante o encontro coñecerás proxectos emprendedores da zona, descubrirás o programa Medrando Xuntas da Rede Eusumo e, sobre todo, participarás nun café networking pensado para conversar sen présas, conectar con outras mulleres coma ti e deixar que xurdan colaboracións reais.



Se es emprendedora, se tes unha idea en mente ou se simplemente queres formar parte dunha rede que impulsa o talento feminino no rural, este é o teu lugar.



Porque emprender tamén é acompañarse. E xuntas, chegamos máis lonxe.



Inscríbete e forma parte desta rede que está a medrar contigo: https://polosemprendemento.gal/calendar/emprender-en-feminino


O Concello de Xove selecciona 3 socorristas para as praias de Lago e Portocelo. O contratato empeza o 01 de xullo e rema...
01/06/2026

O Concello de Xove selecciona 3 socorristas para as praias de Lago e Portocelo.

O contratato empeza o 01 de xullo e remata o 31 de agosto.

O soldo (antes de impostos) é de 1.800 euros. A xornada é de 40 horas semanais a realizar no horario de apertura de praias, é dicir das 12:00 ás 20:00 horas de luns a domingo, tendo un día libre por semana ( que non pode coincidir coa fin de semana).

É requisito figurar no Rexistro de Socorristas Acuáticos en Espazos Naturais ou ter formalizado a súa solicitude de inscrición reunindo as condicións necesarias, ademais é imprescindible estar en situación de desemprego no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante sen ocupación.

Se tes interese nestas prazas ou sabes dalguén a quen lle pode interesar, contacta comigo. Rosa Lage 982592001.

Desde hoxe podes descargar o teu Bono Activa Comercio para ter descontos nos establecementos comerciais. En Xove podemos...
27/05/2026

Desde hoxe podes descargar o teu Bono Activa Comercio para ter descontos nos establecementos comerciais.

En Xove podemos canxealos nos seguintes negocios:
LIBRERÍA BASANTA
ESTÉTICA MARTA
CATYCRIS
PELUQUERÍA CAPYLARIS
FINA MODA Y COMPLEMENTOS
FLORISTERÍA FINA
MARÍA FERNANDES
PELUQUERÍA Y ESTÉTICA FINA

Como clientela e, podes descargalo na páxina: https://bonosactivacomercio.gal

Como comerciante aínda podes adscribirte nesa mesma páxina.

Pero apura, que se acaban enseguida!!!

No comercio local siempre gañamos, e con este bono, ademais aforramos.

Desde hoxe podes descargar o teu Bono Activa Comercio para ter descontos nos establecementos comerciais. En Xove podemos...
27/05/2026

Desde hoxe podes descargar o teu Bono Activa Comercio para ter descontos nos establecementos comerciais.

En Xove podemos canxealos nos seguintes negocios:
LIBRERÍA BASANTA
ESTÉTICA MARTA
CATYCRIS
FINA MODA Y COMPLEMENTOS
FLORISTERÍA FINA
MARÍA FERNANDES
PELUQUERÍA Y ESTÉTICA FINA

Como clientela e, podes descargalo na páxina: https://bonosactivacomercio.gal

Como comerciante aínda podes adscribirte nesa mesma páxina.

Pero apura, que se acaban enseguida!!!

No comercio local siempre gañamos, e con este bono, ademais aforramos.

  Rosa Lage 982592001.
26/05/2026

Rosa Lage 982592001.

04/05/2026

O rural tamén é creatividade, encontro e novas formas de entender o desenvolvemento tendo moi presente a sostibilidade económica, ambiental, social e cultural.

Gustaríame visibilizar iniciativas doutras contornas que comparten estes obxectivos e que poden ser inspiradoras para o noso municipio.

Hoxe achegámonos a La Inquieta – Casa de Arte del Poqueira, en Bubión, un espazo no que catro artesáns comparten taller e dan vida a un proxecto onde a arte, a aprendizaxe e a experiencia van da man.

Un lugar que aposta por un turismo máis pausado e consciente, onde se pode descubrir o proceso artesanal de preto e participar en talleres que conectan co territorio

Un exemplo inspirador de como a artesanía contemporánea pode dinamizar o rural e manter viva a súa identidade.

Grazas a polas fantásticas imaxes do vídeo.



29/04/2026
XOVE EMPRENDE EN GALEGO. Esta campaña subvencionada pola Xunta de Galicia tráenos outra interesante iniciativa local.Coñ...
28/04/2026

XOVE EMPRENDE EN GALEGO. Esta campaña subvencionada pola Xunta de Galicia tráenos outra interesante iniciativa local.

Coñece a historia de
CENTRO DE FISIOTERAPIA XOVE.

Aladino rematou a carreira de Fisioterapia e creou o seu propio centro porque tiña claro o obxectivo de emprender no seu pobo xa que quería disfrutar da súa profesión na súa terra.
Desde os inicios está moi contento coa súa clientela, coa que se sente moi a gusto.

Para Aladino é importante saber que lle axudas a moitas persoas que coñeces para atoparse mellor, crear unha relación coa clientela máis aló da profesional e ofrecer un servizo de calidade e comprometido co seguimento de cada doente.

Alingua galega para Aladino é unha peza fundamental da nosa cultura, que nos identifica. Se non a falásemos perderíamos as nosas raíces, o privilexio de ter unha língua propia
O galego é a língua do seu negocio, asume como tarefa pendente empregalo máis nas súas redes sociais.

Podes ver o seu vídeo da campaña XOVE EMPRENDE EN GALEGO en:

www.youtube.com/

16/04/2026

Se querés unirte, contacta con nós.

Se tes un establecemento hoteleiro, campamento de turismo, establecemento de tu-rismo rural, apartamento turístico, albe...
13/03/2026

Se tes un establecemento hoteleiro, campamento de turismo, establecemento de tu-
rismo rural, apartamento turístico, albergue turístico e ou un restaurante,

Esta é a túa subvención.

Ogallá a aposta polo turismo sexa sostible e se traduza en fixación de poboación.

Apostar por un turismo sostible tamén significa fortalecer servizos que benefician tanto ás persoas visitantes como á veciñanza. A mellora das infraestruturas e dos establecementos turísticos non só enriquece a experiencia de quen nos visita, senón que tamén amplía e mellora os servizos dispoñibles para a comunidade local.

Dirección

Camiño Real S/n
Jove

Horario de Apertura

Lunes 08:30 - 14:30
Martes 08:30 - 14:30
Miércoles 08:30 - 14:30
Jueves 08:30 - 14:30
Viernes 08:30 - 14:30

Teléfono

+34982592001

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Emprego e Desenvolvemento Local Xove publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Contacto La Empresa

Enviar un mensaje a Emprego e Desenvolvemento Local Xove:

Compartir