25/05/2026
🛶 O encoro de Vilasouto, no Incio, volverá converterse este sábado nun dos principais escenarios do piragüismo galego coa celebración dunha nova regata autonómica, unha cita que reunirá a 322 padeeiros procedentes de 31 clubs de toda Galicia.
4️⃣ A competición confirma a consolidación deste enclave lucense como espazo de referencia para este deporte, despois de catro anos consecutivos acollendo probas oficiais.
💦 Vilasouto acollerá este 30 de maio, ás 11:00 horas, unha nova proba autonómica correspondente á Regata Galega de prebenxamín, benxamín e alevín K1 1.500 metros.
👥 A presentación oficial do evento tivo lugar este luns no hotel Hermida Rural Boutique, e contou coa participación do delegado da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias Fouz, o alcalde do Incio, Héctor Corujo, e o vicepresidente da Federación Galega de Piragüismo, Martín Carballo.
Federación Galega de Piragüismo