Cervexaría O Carlete

Cervexaría O Carlete Información de contacto, mapa y direcciones, formulario de contacto, horario de apertura, servicios, puntuaciones, fotos, videos y anuncios de Cervexaría O Carlete, Cervecería, Rúa David Cal, 13, Hio.

Este sábado 20 de xuño ás 12:30h temos vermú rockeiro no Carlete con   e  .Quique Bizar vén presentar Ruido blanco e fai...
16/06/2026

Este sábado 20 de xuño ás 12:30h temos vermú rockeiro no Carlete con e .

Quique Bizar vén presentar Ruido blanco e faino acompañado de Javi Carreño, de Correveydilears: músico, contador de cousas e deses tipos que fan que unha mañá de sábado acabe parecendo noite pequena.

Entrada libre.
Rock and roll, barra aberta e o mediodía facendo das súas.

Vémonos no Carlete

Este venres toca demostrar se sabes ou só falas con seguridade.O 12 de xuño ás 22:00 h montamos QUIZ NIGHT no Carlete: p...
10/06/2026

Este venres toca demostrar se sabes ou só falas con seguridade.

O 12 de xuño ás 22:00 h montamos QUIZ NIGHT no Carlete: preguntas de cultura xeral, cine e música para vir co equipo preparado… ou polo menos con ganas de rir.

Equipos de 3 a 5 persoas.
Precísase nome de equipo e inscrición previa no bar.
Hai prazas limitadas, así que non o deixes para cando xa estea todo cheo.

E ollo ao premio:
unha xirafa de 5 litros do que queirades para o equipo gañador.

Trae cabeza, trae colegas e trae un nome decente.

Este 1 de maio permaneceremos pechados polo Día da Clase Traballadora.Porque os dereitos non caeron do ceo.Conquistárons...
30/04/2026

Este 1 de maio permaneceremos pechados polo Día da Clase Traballadora.

Porque os dereitos non caeron do ceo.
Conquistáronse.

En Semana Santa mudamos un pouco o paso.Dende o xoves, abrimos ás 12:00hpara alongar o día sen présa, con algo na mesa e...
01/04/2026

En Semana Santa mudamos un pouco o paso.

Dende o xoves, abrimos ás 12:00h
para alongar o día sen présa, con algo na mesa e tempo por diante 🍻☀️

Vémonos no Carle.

🎶 Este venres 3 de abril ás 21:00, o plan está máis que claro: Lacón sin Jrelos en formato acústico no Carle. 🍻 🔥 Música...
31/03/2026

🎶 Este venres 3 de abril ás 21:00, o plan está máis que claro: Lacón sin Jrelos en formato acústico no Carle. 🍻 

🔥 Música en directo e ambientazo


O sábado 21 temos San Patricio no Carlete 🍀 concerto de Sara e Nathan ás 20:00 h🍺 cervexa especial de St. Patrick’s e ad...
18/03/2026

O sábado 21 temos San Patricio no Carlete
🍀 concerto de Sara e Nathan ás 20:00 h
🍺 cervexa especial de St. Patrick’s e ademais, cada 2 latas O'Haras IPA, levas un gorro de agasallo

Vés polo gorro, quedas pola birra e a música… ou ao revés?

Din que o venres 13 dá mal fario. 😈🔥Nós dicimos que dá para un bo plan.   en concerto no Carlete🕘 21:00 · 📍 O Carlete   ...
09/03/2026

Din que o venres 13 dá mal fario. 😈🔥

Nós dicimos que dá para un bo plan.
en concerto no Carlete
🕘 21:00 · 📍 O Carlete

06/03/2026

Cervezas Dougall's decidiu celebrar o seu 20 aniversario con unha serie especial de 20 cervexas, con receitas únicas, pinchadas só unhas poucas cervexerías de toda España.
E si… O Carlete está entre elas.

Así que cando che digamos que hai algo especial na billa… corre a probalo que son limitadas.

27/02/2026

No Carle hai dúas maneiras de escoller:
mirando a pizarra…
ou mirando a tele se non hai futbol.

E ti eres analóxico ou dixital?.
Hoxe deixámosche 4 novas para non fallar:

🍎 Sidra X**A – fresca, asturiana e sen voltas.
🍺 Andech Bergbock – corpo e carácter, das que se beben con calma.
🔥 María Soliña – afumada, intensa, para xente valente.
🌊 Alealé Porto – suave, equilibrada e moi bebible.

Estes días de entroido apetece malte.Dúas billas de inverno que tes que probar:🔥María Soliña (Smoked Bock, 6,5%)malta in...
14/02/2026

Estes días de entroido apetece malte.

Dúas billas de inverno que tes que probar:
🔥María Soliña (Smoked Bock, 6,5%)
malta intensa, afumado sutil, final cálido.

🍫Samuel Smith Organic Chocolate Stout (5%)
cacao e café tostado, final

E ti con cal te quedas?

Dirección

Rúa David Cal, 13
Hío
36945

Horario de Apertura

Miércoles 09:00 - 01:00
Jueves 09:00 - 01:00
Viernes 09:00 - 01:00
Sábado 10:00 - 01:00
Domingo 10:00 - 22:45

Teléfono

+34986328744

Página web

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Cervexaría O Carlete publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Compartir

Categoría