Etel&pan

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

Etel&pan Comida e bebida xeitosa do pais. Conservas galegas, hamburguesas de carne de razas autóctonas, de p

Así foi outubro en Etel&pan.Un mes moi, moi intenso. De moito traballo, moitas visitas, moitos camiñantes e algunha que ...
03/11/2026

Así foi outubro en Etel&pan.

Un mes moi, moi intenso. De moito traballo, moitas visitas, moitos camiñantes e algunha que outra historia que levar connosco.

Houbo flores, días de sol, voltas e reviravoltas da vida, encontros inesperados e despedidas.

Chegou o Samaín, pechamos a tempada e, case sen decatarnos, tamén chegaron as vacacións.

Outubro foi un pouco de todo. Deses meses que pasan a toda velocidade, pero nos que pasan tantas cousas que merecen quedar por aquí.

E agora, un pouquiño de pausa. ❤️

Jorge estivo con nós nos últimos días de outubro de 2023 e estes luns 19 volveu, desta vez acompañado de xente que foi c...
21/10/2026

Jorge estivo con nós nos últimos días de outubro de 2023 e estes luns 19 volveu, desta vez acompañado de xente que foi coñecendo ao longo do Camiño. ❤️

E que bonito que, case tres anos despois, se convertesen nos últimos clientes de Etel&pan desta temporada 2026. Foi unha última noite fantástica e sodes moitos os que vinéchedes a despedirnos estos días, moitas gracias a todas!

Non se nos ocorre mellor imaxe, nin máis bonita para rematar a temporada. Grazas por volver sempre e por compartir este anaco do Camiño e da vida con nós.

Ata a próxima tempada! 🥾🤍

Este é o último fin de semana da tempada. 🥹 O luns 19 é o último día!E así, arredor dunha mesa, queremos despedir esta t...
17/10/2026

Este é o último fin de semana da tempada. 🥹 O luns 19 é o último día!

E así, arredor dunha mesa, queremos despedir esta tempada. Porque detrás de cada prato, de cada café e de cada persoa que pasa por Etel&pan, hai un anaquiño da nosa historia.

Quédannos tres días para compartir, para brindar polo vivido e para darvos as grazas por formar parte desta casa, por volver, por recomendarnos e por deixarnos un lugar nas vosas viaxes e nas vosas vidas.

Agora toca parar un pouquiño, coller folgos e preparar todo para os encargos das do Nadal que enviaremos dende a Tenda de Sardiñeiro

Grazas por outro verán máis ao voso carón.
Vémonos á mesa. Sempre. ♥️

AtaAPróximaTempada

Que ilusión e que sorpresa tan bonita tivemos esta tarde! ♥️Eles son Carla e João.A João coñecémolo o ano pasado, nas no...
06/10/2026

Que ilusión e que sorpresa tan bonita tivemos esta tarde! ♥️

Eles son Carla e João.

A João coñecémolo o ano pasado, nas nosas vacacións en Santo Tirso. Estivo unha semana dándonos os almorzos e as ceas no noso aloxamento, e nesa semana falamos moito de tantas cousas… entre elas, do amor que compartimos: nós por Portugal e el por Galicia. 🇵🇹♥️🐙

Daquela díxonos que no 2026 viría visitarnos… e cumpriu a súa palabra.

Hoxe apareceu por Etel&pan coa súa noiva, Carla, e a verdade é que adoramos recibilos e volver atoparnos. 🥰

Hai persoas que pasan pola túa vida durante uns días e, dalgún xeito, quedan.
Que bonito é volver atoparse. ♥️

Grazas pola visita, Carla e João. Aquí tedes a vosa casa: Galicia 🫶

Así foi setembro, sempre bonito, con novas chegadas e despedidas, outra luz, outra calma, otros "ruídos", mareas vivas, ...
01/10/2026

Así foi setembro, sempre bonito, con novas chegadas e despedidas, outra luz, outra calma, otros "ruídos", mareas vivas, lúas bonitas, recollida de froitos! Gracias ♥️

Aínda que setembro xa vai ben andado e xa se comeron moitos Restrelos, aquí chega a novidade do mes. (Esta vez non é un ...
20/09/2026

Aínda que setembro xa vai ben andado e xa se comeron moitos Restrelos, aquí chega a novidade do mes. (Esta vez non é un bocadillo 😉).

Presentámosvos a Hamburguesa Restrelo.

🥖 Pan de Juan Luis Estévez, da .
🥩 Carne de cachena, coa que sempre traballamos.

E dúas curiosidades que Palmira elaborou estes días:
✨ Un paté de fígado de polo con vermú Sardiño.
🍇 Unha marmelada de uvas da horta de Palmira, feita coa única cepa e coa parra que eran un orgullo para o seu pai, Alberto, e que Etel segue coidando con tanto agarimo.

E non, isto non é marketing.

Aquí facemos as cousas con tempo, con oficio e con cariño. Con produto 100% local, sabendo de onde vén cada ingrediente e poñéndolle alma ao que chega ao prato.

Poderíamos facer un Reel, si. Pero a lectura sempre é ben 😂

Bárbara e Gloria chegaron dende Miami e marcharon cun anaquiño da Costa da Morte na mochila.Preguntaron: a donde podemos...
19/09/2026

Bárbara e Gloria chegaron dende Miami e marcharon cun anaquiño da Costa da Morte na mochila.

Preguntaron: a donde podemos ir nestes días pola comarca, que ver, onde comer... E foron absolutamente a tódolos lugares e volveron para decir que todo un espectáculo! A Costa da Morte namora.

Hai algo que nos encanta de Etel&pan: nun mesmo banco acaban coincidindo persoas de aquí e doutra punta do mundo, coma se Fisterra fixese o resto.

Grazas, Bárbara e Gloria, por esta visita. Agardámosvos de volta. 💛

ComidaRiquiña

Hai algo moi bonito en ver unha mesa chea de xente que viaxou ata o fin do mundo e decide parar aquí.9 irlandesas, boa c...
13/09/2026

Hai algo moi bonito en ver unha mesa chea de xente que viaxou ata o fin do mundo e decide parar aquí.

9 irlandesas, boa conversa, viño compartido e unha desas sobremesas que se alongan sen présa.

Grazas por facer de Etel&pan un lugar onde o mundo se senta á mesa. 💚🇮🇪

Sláinte!

Setembro ten unha luz bonita. E unha calma que nos gusta moito, traballo hai pero é outra calma.🍂Como xa sabedes, en Ete...
07/09/2026

Setembro ten unha luz bonita. E unha calma que nos gusta moito, traballo hai pero é outra calma.🍂

Como xa sabedes, en Etel&pan non temos servizo a domicilio.

Pero sempre estamos preparadas para preparar os vosos pedidos para levar. Facédenos o encargo, vides recollelo e o resto xa é cousa vosa.

Agardámosvos. 🤍

Horario:
Luns, martes, venres, sábado e domingo
De 12 a 4 e de 7 a 11

Teléfonos
606216152
981740640

Por certo, en Fisterra estamos de festas, outra vez 🙋🏻🤪.E volveu o bocata máis querido pola rapazada de aquí: o Arnela, ...
05/09/2026

Por certo, en Fisterra estamos de festas, outra vez 🙋🏻🤪.

E volveu o bocata máis querido pola rapazada de aquí: o Arnela, o bocadillo de zorza con Arzúa, e tamén o Ézaro, o de polo.

Tamén temos unha sobremesa especial:
unha panacota con follas da figueira da praia de Sardiñeiro e marmelada de uvas da nosa parra.

E pronto, moita marmelada de figos para a vosa hamburguesa favorita: a Monte Louro.

Dirección

Praza Constitución 10
Finisterre
15155

Horario de apertura

Lunes 00:00 - 16:00
19:00 - 23:00
Martes 00:00 - 16:00
19:00 - 23:00
Viernes 00:00 - 16:00
19:00 - 23:00
Sábado 00:00 - 16:00
19:00 - 23:00
Domingo 00:00 - 16:00
19:00 - 23:00

Teléfono

+34606216152

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Etel&pan publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a Etel&pan:

Atajos

Compartir

Categoría

Restaurantes cercanos