Muíño do Vento

Llamar Cómo llegar Página web

Muíño do Vento Muíño do Vento é unha Asociación sociocultural do barrio ferrolán de Canido. Cremos que cómpre prestar unha atención especial á mocidade e aos nosos maiores.

O barrio de Canido, como o resto de Galiza, posúe unha rica toponimia, con nomes tan evocadores como Cortiña, A Tafona, Codesar das Casas, Ínsua ou Cangrexeiras. Un deses lugares é O Muíño do Vento, atalaia natural, como deixa entrever o topónimo, na que se ubicaba unha construción sobranceira ao Ferrol primitivo e a parte da súa ría. Del tomou o nome a nosa asociación, que nace o 25 de abril do 2012 cando un grupo de veciños e veciñas de Canido ve a necesidade de encher un baleiro canto a oferta sociocultural. Desenvolvela coa sá pretensión de rachar moldes polo que ten de ambiciosa, e coa mirada posta na mellora de vida da colectividade, é a idea fundacional. Muíño do Vento non é unha simple asociación sociocultural ou movemento veciñal sen máis de Canido, un dos barrios senlleiros de Ferrol. Nace como asociación co gallo de arroupar as persoas que foron elixidas en asemblea veciñal para representar a Canido perante o Concello como vicepresidentes/as da Asemblea de Barrio e como compoñentes do Consello da Veciñanza. Muíño do Vento non pretende en absoluto substituír ou competir con ningunha asociación ou colectivo xa existente no barrio; ao contrario: ofrece o seu apoio coa única condición de que sirva ós intereses colectivos do barrio. As persoas inmersas neste proxecto temos como principal obxectivo revitalizar a vida do barrio e a dos seus veciños/as, en todas as súas vertentes: social, medioambiental, urbanística, cultural, deportiva, comercial e festiva. Queremos conservar e promover as nosas tradicións, sinais de identidade dun pasado vivo e sempre presente, nomeadamente a nosa lingua, a nosa historia, así como a nosa música, a nosa pintura, os nosos festexos; en definitiva, a nosa cultura. Darlle pulo ás mostras culturais e á promoción de novos talentos literarios, musicais, pictóricos, escénicos, etc., e poñer en valor os xa existentes, son outra das nosas preocupacións. A filosofía, traballo e proxección da Asociación Muíño do Vento van encamiñadas a mellorar a calidade de vida do barrio e, polo tanto, a dos seus veciños/as. Está no noso ánimo demostrar que Canido non é só un barrio enxebre e bonito de Ferrol, que se debe visitar, senón que é un lugar ideal para vivir, un ente social dinámico con vida de seu, en constante crecemento, destinado a integrar dunha maneira plena ás persoas que nel viven e conviven. Se te preocupa o teu barrio e a súa xente; se tes algunha inquietude; se queres un barrio vivo, alegre e solidario, ven, esperámoste. Porque a túa colaboración é indispensable. Consideramos importantes todas as iniciativas. Os tempos requiren o maior nivel de compromiso no plano urbanístico, medioambiental, social e cultural. Os homes e mulleres que formamos a Xunta Directiva queremos salientar o traballo que realizan os nosos colaboradores, que nun traballo conxunto fan posíbel que este proxecto camiñe con pasos firmes.

    o Centro Cívico de Canido foi un ano máis o lugar do encontro intercultural para vivir o Día de Mortos, ou o Samaín ...
01/11/2026

o Centro Cívico de Canido foi un ano máis o lugar do encontro intercultural para vivir o Día de Mortos, ou o Samaín coas tradicións propias de aquí e acolá 🎃🧌🧟🧙

A dobre ética...
31/10/2026

A dobre ética...

O líder do PP exixe a dimisión de Óscar Puente polo accidente de Urda; porén, após o tráxico accidente de 2013 en Compostela o seu discurso, mentres gobernab...

Este luns 2 de novembro "Unha Tarde no Muíño". Coma sempre no 102.3 da FM en Rádio Filispim - Colectivo Opaii
30/10/2026

Este luns 2 de novembro "Unha Tarde no Muíño". Coma sempre no 102.3 da FM en Rádio Filispim - Colectivo Opaii

Este sábado estades convidados e convidadas a compartir connosco unha tarde ben interesante. Ademais de coñecer como se ...
27/10/2026

Este sábado estades convidados e convidadas a compartir connosco unha tarde ben interesante. Ademais de coñecer como se celebra o Día de Mortos ou o Samaín nas diferentes culturas, participar no obradoiros de calacús, podedes desfrutar dun bo chocolate cortesía de Muíño do Vento. Contamos contigo!! 🧟🧙🎃

Dirección

Calle Cívico De Canido/Rúa Poeta Pérez Parallé
Ferrol
15401

Horario de apertura

Lunes 18:00 - 20:00
Martes 18:00 - 20:00
Miércoles 18:00 - 20:00
Jueves 18:00 - 20:00
Viernes 18:00 - 20:00

Teléfono

+34981340921

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando Muíño do Vento publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Restaurantes cercanos