O Refuxio Merza

Llamar Cómo llegar Página web Contactar con la empresa

O Refuxio Merza Especialidades da casa: Arroces, Galo de Curral,Croca, Cocido, Todo tipo de caza.

04/11/2026

🏊‍♀️ Fora fai frío, aquí dentro seguimos de piscina

Quen dixo que a piscina era só para o verán? 🍂
En Casa con Encanto, en Merza, temos piscina climatizada para que a desfrutes tamén no outono… e todo o ano 💧

E para rematar, un momento de jacuzzi 🫧 O plan perfecto para desconectar cando o tempo non acompaña.

Cos nosos bonos, a un prezo moi bo, podes vir cando queiras durante todo o ano 🤍

Infórmate dos bonos:
💬 Escribídenos por mensaxe directa

03/11/2026

Temos unha noticia que nos fai moitísima ilusión compartir con todos vós: moi pronto, O Refuxio abrirá as súas portas no Corte Inglés de Santiago de Compostela. 🤍

Estamos a traballar con moitas ganas e ilusión neste novo proxecto. A nosa intención é que poidades coñecernos nesta nova localización antes do Nadal e, se non é posible, será pouco despois. ¡A conta atrás xa comezou!

Un novo espazo, novos encontros e a mesma esencia de sempre: o cariño, a calidade e as ganas de facer as cousas ben.

Moi pronto contarémosvos máis novidades. Estade atentos!



01/11/2026

🍲 O Refuxio vai á túa casa

Comida familiar, xuntanza cos amigos ou simplemente un domingo sen cociñar? 🙌
Reserva a túa comida e levámola nós directamente á túa porta 🚗

Os pratos de sempre do Refuxio, feitos na nosa cociña e listos para que só teñades que sentar á mesa 🤍

Reserva por teléfono
📞 607 919 241
📞 986 583 572
💬 Ou escribídenos por mensaxe directa

31/10/2026

💇‍♀️ Peluquería con Encanto

Sabías que en Casa con Encanto tamén temos peluquería? ✂️

Ao mando está Belén, a nosa peluqueira, que é unha auténtica crack 🙌

O día do teu evento, preparámosvos aquí mesmo: noivas, madriñas, convidadas… sen presas nin desprazamentos 🤍

E non só para celebracións: os luns podes vir á peluquería no teu día a día, só tes que reservar a túa cita 🗓️

Pide cita:
📞 680 675 430
💬 Ou escribídenos por mensaxe directa

23/10/2026

Hai lugares especiais… e despois está Casa con Encanto.

Hai días que se soñan durante anos, momentos que se imaxinan unha e mil veces e unha pregunta que marca o comezo de todo: onde queremos celebrar o noso amor? 💍

En Casa con Encanto, cada voda convértese nunha historia única. Un lugar máxico onde a beleza de cada recuncho, o coidado de cada detalle e o cariño do noso equipo se unen para crear unha celebración que fale de vós, da vosa esencia e da vosa forma de amar. ✨

Non queremos que a vosa voda sexa unha máis. Queremos que sexa a vosa voda, deseñada á vosa medida, chea de emocións, sorpresas e momentos que queden para sempre na memoria de todos os que vos acompañen.

Porque os grandes recordos nacen cando todo está pensado con amor… e nós queremos formar parte do voso. 🤍

💫 Estades a soñar coa vosa voda? Ven coñecer Casa con Encanto e descubride o lugar onde ese soño pode comezar a facerse realidade.

📞616 80 29 54




21/10/2026

Hai poucos días tivemos a honra de acoller en Casa con Encanto a celebración da xubilación do Dr. Abal, nunha xornada moi especial na que arredor de 200 persoas se reuniron para renderlle unha merecida homenaxe. Douscentas persoas compartindo un mesmo propósito: acompañalo, agradecerlle e celebrar con el o peche dunha etapa chea de dedicación e traballo. Unha desas ocasións que demostran que, máis alá da profesión, o que realmente deixa pegada son as persoas e os vínculos que construímos ao longo da vida. 🥂 Para nós foi un auténtico pracer formar parte deste momento tan significativo e poñer o noso gran de area nunha celebración tan especial. Dr. Abal, desexámoslle todo o mellor nesta nova etapa que comeza! Que veña chea de tempo para desfrutar, novas ilusións e moitos momentos felices. 🤍✨



Call now to connect with business.

🥘 Esta finde cómese arroz do bo!Hai sabores que falan por si sós e sensacións que só se entenden probándoas. Arroces mel...
16/10/2026

🥘 Esta finde cómese arroz do bo!

Hai sabores que falan por si sós e sensacións que só se entenden probándoas. Arroces melosos, con ese sabor auténtico que "hai que probar para entendelo".

Se che entra fame só con ver as fotos, reserva a túa mesa e prepárate para g***r.

Saborea todas as propostas deliciosas que atoparás na nosa carta.
☎️ 986 58 35 72

16/10/2026

A pasada fin de semana, o pequeno Fran celebrou o seu aniversario e o seu bautizo civil en Casa con Encanto, nunha xornada chea de alegría, cariño e momentos para lembrar. 🎂🧸 Pero se houbo algo que sorprendeu a todos foi o ben que se portou Fran durante toda a celebración e o moito que interactuaba cos seus 90 convidados. 🥰 Sempre atento, participativo e desfrutando da compañía de todos, converteuse no auténtico protagonista do día. Grazas á os papás por confiar en Casa con Encanto para compartir unha data tan especial. Desexámoslle a Fran moitos anos máis cheos de sorrisos, aventuras e momentos felices

Call now to connect with business.

15/10/2026

O pasado Día do Pilar foi unha data moi especial, porque Pilar celebrou nada menos que o seu centenario. Un século de vida, toda unha historia por contar e a inmensa alegría de chegar a esta idade tan extraordinaria rodeada da súa familia e dos seus amigos. 🥰 Cumprir 100 anos é todo un éxito, pero poder facelo acompañada das persoas que queres é, sen dúbida, o mellor agasallo. Grazas por confiar en nós para compartir un día que quedará para sempre na memoria de todos. 💐 Parabéns, Pilar, polos teus 100 anos! Desexámosche que sigas recibindo todo ese cariño que tan ben se merece unha vida tan longa. 🤍✨



Dirección

Calle Reboredo, 20 Merza
Cruces
36580

Horario de apertura

Martes 11:00 - 17:00
Miércoles 11:30 - 17:00
Jueves 11:00 - 17:00
18:30 - 00:00
Viernes 11:00 - 02:00
Sábado 11:00 - 02:00
Domingo 11:00 - 01:00

Teléfono

+34607919241

Página web

Notificaciones

Sea el primero en enterarse: le enviaremos un correo electrónico cuando O Refuxio Merza publique novedades y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin y puede darse de baja en cualquier momento.

Contactar Con La Empresa

Enviar un mensaje a O Refuxio Merza:

Atajos

Compartir

Restaurantes cercanos