Parque Náutico de Castrelo

Parque Náutico de Castrelo O lugar ideal para xantar, celebrar un evento ou g***r da paisaxe e viños do Ribeiro. Terraza con música en directo no verán. Abertos. Comidas: 13.00 a 15.30.

Cafetaría, terraza e restaurante. Prégase reservar. Ceas: 19.30 a 22.30 os venres, sábados e domingos. Resto de días para ou grupos consultar dispoñibilidade. http://www.nauticocastrelo.com/cea/

No día 1 post Eclipse (13 de agosto do ano 2026 no calendario gregoriano) g***remos da voz da Marta Repenica mailo Sérgi...
13/08/2026

No día 1 post Eclipse (13 de agosto do ano 2026 no calendario gregoriano) g***remos da voz da Marta Repenica mailo Sérgio Tannus. Deixaremos que nos envolva, lembraremos a noite pasada e g***remos dunha noite de paz e emoción cos nosos.

Lembrade reservar (e traer unha rebequiña) no 988 493 245.

C/c: Estudio Repenica

No día 1 post Eclipse (13 de agosto do ano 2026 no calendario gregoriano) g***remos da voz da Marta Repenica mailo Sérgi...
13/08/2026

No día 1 post Eclipse (13 de agosto do ano 2026 no calendario gregoriano) g***remos da voz da Marta Repenica mailo Sérgio Tannus. Deixaremos que nos envolva, lembraremos a noite pasada e g***remos dunha noite de paz e emoción cos nosos.

Lembrade reservar (e traer unha rebequiña) no 988 493 245.

No Náutico, hoxe, vai ser moi especial. Estaremos todas pendentes da eclipse, con diferentes trebellos para ollalo con s...
12/08/2026

No Náutico, hoxe, vai ser moi especial. Estaremos todas pendentes da eclipse, con diferentes trebellos para ollalo con seguridade. E g***r.

E, desde as 19:30 ata as 21:00, portas pechadas pero terraza aberta.🥳

Feliz día da eclipse!!

12/08/2026

Esgotadas! Hai varias horas.

Hoxe luns 10 de agosto, de xeito excepcional, música en directo. As "paisaxes sonoras" do grupo británico MicroMoon, che...
10/08/2026

Hoxe luns 10 de agosto, de xeito excepcional, música en directo. As "paisaxes sonoras" do grupo británico MicroMoon, chegados directamente de Londres.

É, ás 22:00, Contos de Eclipse por X. Dosi Veiga, un dos expertos galegos sobre todo o que imos ver o vindeiro mércores. Desta volta, anécdotas, curiosidades e batalliñas nas que as eclipses foron protagonistas. Coa música de fondo do segundo pase dos MicroMoon.

A non perder!!

ÚLTIMAS (e importantes) NOTICIASO Náutico de Castrelo EMBARGA todos os bens e dereitos patrimoniais do Concello de Castr...
04/08/2026

ÚLTIMAS (e importantes) NOTICIAS

O Náutico de Castrelo EMBARGA todos os bens e dereitos patrimoniais do Concello de Castrelo de Miño.

Que forte, verdade? Repetimos.

O Náutico de Castrelo EMBARGA todos os bens e dereitos patrimoniais do Concello de Castrelo de Miño.

É curioso porque desde hai anos o SelfieMan aproveita todos os plenos para dicir que esta casa (nós) rouba aos veciños de Castrelo de Miño porque non pagamos o canon anual. Evidentemente, o SelfieMan, a persoa que xestiona temporalmente a Casa das Bandeiras, obvia un par de detalliños sen importancia.

1.-O Náutico de Castrelo recláma ao concello diversas cantidades desde hai 6 anos por reparacións debidas ao mal estado das baixantes do edificio (que o concello negaba fosen responbabilidade súa, ata que non lle quedou máis remedio).

2.-O sobrecuste polos sucesivos cortes de auga (un de varios meses en pleno verán) durante os cales o concello proporcionábanos a mesma cantidade de auga semanal, en garrafas, que a calquera veciño. Evidentemente tivemos que mercar auga adicional para traballar.

3.-Por reiterados incumprimentos do contrato por parte do concello.

4.-A propia sentencia froito deste embargo menciona que cando o concello di que debemos os cánones anuais o tema non está moi claro, polas nosas propias reclamacións. Pero como se xulgaban outra cousas a xuíza non entrou no fondo da cuestión.

5.-A porta que rebentou o concello varias veces porque pretendía que abríramos fora do noso horario oficial e contractual, para acceder a unha sala superior do mesmo edificio. Pareceulles mellor rebentar a porta que falar connosco para solucionar o tema con tempo.

Si, foron 5 detalliños, non 2. Pero non queriamos asustar. Aínda hai máis, xa vos contaremos, xa. Vai ser un ano moi longo ata maio de 2027, se desde a Casa das Bandeiras non queren que falemos (pero en serio, non como ata o de agora).

Ah, outro detalliño. O importe do embargo e de case 2000 lereles, máis uns cantos centos de intereses de demora (está na imaxe adxunta); debéuselles pasar no seu momento. E, a isto, sumádelle a factura do seu equipo de advogados, que ha de ser de 4 ou 5 cifras.

Polo tanto, SelfieMan pode dicir o que queira. O falar non ten cancelas, hai dereito á liberdade de expresión (aínda que el non concorde) e mentir, aínda que é pecado, polo momento non é delito. Mellor dito, non sempre é delito.

A única VERDADE nestes momentos en sé xudicial é que o Concello de Castrelo de Miño ten embargados bens e dereitos patrimoniais ata saldar a súa débeda connosco.

Ah!! Feliz Festa da Anguía que celebran hoxe (e mañá) os nosos veciños de Barral, en homenaxe á Virxe das Neves.

Concello de Castrelo de Miño Avelino Pazos Festas da Anguía Barral Castrelo de Miño
😘

Vedes como tal?Xefe "actúa" ao vivo e directo no MUSEO ETNOLOXICO RIBADAVIA o mércores 5 para falar de... as eclipses de...
31/07/2026

Vedes como tal?

Xefe "actúa" ao vivo e directo no MUSEO ETNOLOXICO RIBADAVIA o mércores 5 para falar de... as eclipses de Sol.

Eló? Non sabiades que algo sabe do tema? Entón, todas esas noites de perseidas que tivemos, as ceas astronómicas temáticas, as observacións da Lúa, as xornadas de AstroGalicia (3 edicións ata que o concello non nos deixou espazos)...

Será divertido e instrutivo. Abofé!!

🌒 A eclipse total de sol de 2026 está cada vez máis preto!

O vindeiro 5 de agosto ás 20:00 h, o Museo Etnolóxico de Ribadavia acollerá a conferencia "A Eclipse Galega de Sol en Ribadavia", impartida polo físico Xosé Dositeo Veiga Alonso.
Ao longo da charla descubriremos a historia das eclipses de sol, curiosidades e anécdotas, como observar este fenómeno con total seguridade e por que a eclipse do 12 de agosto de 2026 será un acontecemento histórico para Galicia.
Xosé Dositeo Veiga Alonso é licenciado en Física pola Universidade de Santiago de Compostela, autor do libro "Eclipses de Sol: manual didáctico" e coautor, xunto con Jorge Mira, do informe do "Consello da Cultura Galega Esperando a eclipse total de Sol. Recomendacións para as administracións públicas e a cidadanía".

🎟️ Entrada de balde ata completar capacidade.
📍 Museo Etnolóxico de Ribadavia
📅 5 de agosto
🕗 20:00 h

Agardámosvos!

O Pablo Vila tenvos moitas virtudes. Entre elas, como "enche" el sosiño o escenario.
30/07/2026

O Pablo Vila tenvos moitas virtudes. Entre elas, como "enche" el sosiño o escenario.

Dito e feito. Levades semanas preguntando. Polo tanto... xa está.Fixemos un acordo co proxecto de divulgación astronómic...
29/07/2026

Dito e feito. Levades semanas preguntando. Polo tanto... xa está.

Fixemos un acordo co proxecto de divulgación astronómica Ceos Galegos polo que imos ser punto oficial de venda dos seus lentes de eclipse (ou anteollos, como lle queirades chamar). Ata fin de existencias. Facemos desconto mercando 3 unidades e un regalazo mercando 6 ;-)

E, como Xefe é un fulano que ten estudos, é co-autor xunto co Jorge Mira (si, ese, o da tele, Catedrático de Electromagnetismo e tal) dun informe que podedes ler na web do Consello da Cultura Galega.

https://consellodacultura.gal/publicacion.php?id=4555

Pois o concerto do ano pasado do Pablo Vila foi dos que máis nos gustou, por calidade musical e polo bo ambiente creado....
27/07/2026

Pois o concerto do ano pasado do Pablo Vila foi dos que máis nos gustou, por calidade musical e polo bo ambiente creado. Por iso este ano repite, para os que non gozastes del teñades a oportunidade.

E para que os que xa o vistes, recunquedes, porque non vai ser o mesmo.

Xoves 30 ás 21:30. Ah, a semana pasada enchemos, así que se non queredes reservar no noso teléfono 988 493 245 non o fagades.😁

Dirección

Avenida Do Concello, S/n
Castrelo De Miño
32430

Horario de Apertura

Lunes 09:00 - 23:00
Martes 09:00 - 23:00
Miércoles 09:00 - 23:00
Jueves 09:00 - 23:00
Viernes 09:00 - 23:00
Sábado 09:00 - 23:00
Domingo 09:00 - 23:00

Teléfono

988493245

Notificaciones

Sé el primero en enterarse y déjanos enviarle un correo electrónico cuando Parque Náutico de Castrelo publique noticias y promociones. Su dirección de correo electrónico no se utilizará para ningún otro fin, y puede darse de baja en cualquier momento.

Atajos

Compartir

Categoría